Máis prazas ca nunca e novas estadías nos meses de xullo, agosto e setembro para desfrutar dunha experiencia única de saúde, descanso e lecer.
EN QUE CONSISTE?
Estadías de 10 días en réxime de pensión completa (aloxamento, almorzo, comida e cea) a escoller entre 15 balnearios de Galicia en varias quendas, dende xullo ata decembro de 2024.
A QUEN VAi DIRIXIDO?
Maiores de 60 anos (ou maior de 55 en condición de pensionista) e acompañante, se se desexa (pódense solicitar 2 prazas máximo por persoa).
CAL E O PRAZO DE INSCRICION?
Do 18 de xuño ao 18 de xullo de 2024.
COMO E ONDE SE SOLICITA A PRAZA?
• Online: As solicitudes preferentemente tramitaranse en liña na sede electrónica da Xunta de Galicia (www.sede.xunta.gal).
• Presencial: en calquera rexistro oficial da Xunta de Galicia, así como en calquera outro rexistro administrativo ou oficina de Correos presentando a solicitude impresa que se pode descargar na propia sede electrónica, e na web da Consellería de Política Social e lgualdade.
CAL E O CUSTO?
Establécese unha tarifa fixa por estadía completa que varía en función do establecemento termal escollido (consulta a seguinte páxina).
A Xunta de Galicia financia ata o 45% do custo total.
COMO CONFIRMAR A RESERVA?
Tan pronto se reciba confirmación oficial da concesión da praza, contactarase co balneario escollido directamente para seleccionar a quenda de interese, e depositar 30€ en concepto de reserva. O importe restante abonarase á chegada ao establecemento.