Paces de O Pereiro de Aguiar

Paces de O Pereiro de Aguiar

¿Qué é o cambio climático?

Chámase cambio climático á variación global do clima da Terra. Esta variación débese a causas naturais e foi agravada pola acción do home.

O cambio climático é unha realidade que afecta a diferentes ámbitos:

  • Afecta á saúde das persoas máis vulnerables.
  • Diminúe a dispoñibilidade de recursos. Por exemplo os recursos hídricos, que afecta tanto á calidade como á cantidade do noso ben máis prezado, a auga
  • Prodúcense de maneira máis pronunciada episodios de fenómenos meteorolóxicos extremos.
  • Aumenta o risco de incendios e inundacións

¿Qué é o Pacto dos Alcaldes?

O Pacto dos Alcaldes é o principal movemento europeo no que participan as autoridades locais e rexionais que asumiron o compromiso voluntario de mellorar a eficiencia enerxética e utilizar fontes de enerxía renovable nos seus territorios. Os alcaldes asinantes comprométense a reducir as emisións de gases efecto invernadoiro do municipio nun 40% para o ano 2030.

¿Qué beneficios ten este pacto para a cidadanía?

  1. Para a cidadanía, redunda de maneira directa e positiva na redución da factura eléctrica.
  2. Para as empresas, un uso máis eficaz dos recursos permitirá aforrar diñeiro e crear emprego.
  3. Para as industrias con gran utilización de enerxía, uns procesos máis eficaces reducirán os custos, aumentarán a competitividade.
  4. Proporciona unha mellora da calidade dos espazos públicos que redundará en beneficio tanto da cidadanía como do sector terciario: restauración, comercio, hostalería, turismo.
  5. Garantir a saúde e calidade de vida da poboación actual e xeracións futuras. Está demostrado que a redución de emisións redunda positivamente na saúde da poboación, podendo gozar dun aire máis limpo.
  6. Fomentar a colaboración entre os sectores públicos e privados en materia de adaptación.
  7. A posibilidade de xerar novas oportunidades de negocio para o desenvolvemento económico local, novos empregos e empregos ecolóxicos.

O Concello de O Pereiro de Aguiar uniuse a este movemento dando conta do compromiso medioambiental que ten tanto co medio como cos veciños e veciñas do concello.