Oferta lúdica 4 – 7 anos

O Servizo de Biblioteca xa ten deseñada a oferta lúdica para rapazas e rapaces de 4 a 7 anos.

O Servizo de Biblioteca do concello do Pereiro de Aguiar xa ten deseñada a oferta de actividades lúdicas para rapazas e rapaces con idades comprendidas entre 4 e 7 anos, nas que un conto será o guía das tarefas a realizar cada tarde. Así, farán manualidades e traballarán a manipulación de diferentes materiais de refugallo, recoñecerán as emocións e diferentes sentimentos, deixarán voar a imaxinación para debuxar e contar as nosas propias historias, celebrarán os días con nome propio (día da biblioteca, o Samaín, día das Letras Galegas, etc.).

A actividade comezará o 3 de novembro, e terá lugar os martes e xoves en horario de 18.00 h. a 19.00 h. Hai un total de dez prazas que se cubrirán por rigurosa orde de inscrición, que se pode facer no teléfono 988259839 ou ben a no enderezo electrónico [email protected].  É unha actividade gratuíta e dirixida a empadroados.