Obradoiro de prevención da violencia de xénero: O noso corpo como ferramenta de empoderamento

Obradoiro de prevención da violencia de xénero: O noso corpo como ferramenta de empoderamento

O luns 28 de setembro terá lugar nos Centro de Día dos Gozos un obradoiro moi interesante onde o noso corpo será o eixe central para empoderar e defender as nosas vidas, tanto de xeito individual como grupal.

Conectar con nós mesmas e co resto de mulleres mediante a voz, as emocións e o propio corpo para crear espazos de coidados e respecto. Tecer redes entre nós mesmas e recuperar así a enerxía para querernos e coidarnos mediante o re-descubrimento dos nosos corpos e do poder que nel gardamos, da man de outras que son compañeiras no camiño .

O obradoiro será realizado co mesmo contido pola mañá e pola tarde co fin de fomentar a vosa participación. De mañás de 10:00 a 11:30h e de tarde de 19:00 a 20:30h

Por iso vén coa túa nai, coa túa avoa ou cunha amiga!

Prégase inscrición previa no número 699 58 32 52 (Mar).

As normas de seguridade de prevención da COVID-19 serán respectadas en todo o momento. Uso obrigatorio de mascara.