Obradoiro de cociña alternativa e biosaudable de primaveira-verán

Obradoiro de cociña alternativa e biosaudable de primaveira-verán

Este obradoiro realizarase o día 10 de abril de 10.30h. a 13.30 h. no albergue de Ordelles.

A finalidade é que adquiramos outras alternativas de cociña para as persoas que queiran levar unha alimentación saudable e consciente. Son obradoiros prácticos onde se darán a coñecer técnicas de alimentación consciente ou Mindfulness.

Neste obradoiro de iniciación abordaranse temas como:

  • Transición a unha alimentación máis natural.
  • Hábitos saudables sinxelos de adquirir.
  • Combinación de alimentos para un sistema dixestivo saudable
  • Alimentación sen glute , azucre ou lácteos.

As prazas ocuparanse por orde de inscrición , tendo prioridade as persoas empadroadas no concello, no caso de quedar prazas sobrantes poderán participar todos as persoas interesadas. O prezo é de 10 euros.

Debido a situación actual motivada pola COVID-19, o número máximo de participantes é de 10 persoas. En todo momento se respectaran as normas aconselladas polas autoridades sanitarias, tanto de prevención como de aforo.

Para máis información, ou para anotarte podes chamar ao teléfono 988 25 98 39, ou a través do enderezo electrónico: [email protected]