Novas medidas en relación cos velatorios e ceremonias fúnebres na fase II da desescalada

Novas medidas en relación cos velatorios e ceremonias fúnebres na fase II da desescalada

O CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR COMUNICA QUE O MINISTERIO DE SANIDADE ESTABLECE NOVAS MEDIDAS EN RELACIÓN COS VELATORIOS E CERIMONIAS FÚNEBRES.

Orde SND/414/2020, de 16 de maio, para a flexibilización de determinadas restricions de ámbito nacional establecidas trala declaración do estado de alarma en aplicación da fase 2 del Plan para a transición cara a nova normalidade.BOE 138 (06/05/2020)

1.Os velorios poderán realizarse en todo tipo de instalacións, públicas ou privadas, cun límite máximo en cada momento de:

  • 15 persoas en espazos pechados, sexan ou non convivintes.
  • 25 persoas en espazos ao aire libre.

2.A participación na comitiva para o enterramento ou despedida para a cremación da persoa falecida restrínxese a un máximo de 25 persoas, entre familiares e achegados, ademais de, no seu caso, o ministro do culto para a práctica dos ritos funerarios.

3.En todo caso, deberán respectarse as medidas de seguridade e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención do COVID-19, relativas ao mantemento dunha distancia mínima de seguridade de 2 metros, hixiene de mans e etiqueta respiratoria.

 

Descargar DOCUMENTO