O CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR COMUNICA AS MEDIDAS PREVENTIVAS NO EIDO DA SANIDADE MORTUORIA COMO CONSECUENCIA DA EPIDEMIA DO COVID-19 DA COMUNIADE AUTÓNOMA DE GALICIA ACORDADAS POLA CONSELLERIA DE SANIDADE (DOG Nº60, 26/03/2020)
Limítanse todas as actividades de vela de cadáveres, tanto en establecementos públicos, privados como no domicilio particular e con independencia de cal sexa a causa do falecemento, de maneira que se garanta en todo momento o cumprimento das seguintes medidas: Non asistirán ao dó as persoas que presenten síntomas respiratorios de calquera clase. É necesario lavar as mans con auga e xabón ou con solución desinfectante previa mente ao acceso ás instalacións funerarias, así como despois de usar o libro de pésame e os servizos ou baños. Non poderá haber máis de 8 persoas no interior do tanatorio, respectando inescusablemente unha distancia mínima de 2 metros entre cada unha. Evitarase a manifestación de condo.