Novo Servizo de Coidados porta a porta

Novo Servizo de Coidados porta a porta

A Xunta de Galicia por en marcha servizos asistenciais ás persoas maiores no rural para a prevención da dependencia.

Que é Coidados porta a porta?

Coidados porta a porta é un novo servizo asistencial destinada á poboación envellecida do rural. Levando servizos asistenciais ás persoas maiores no rural para a prevención da dependencia.

O servizo percorre os concellos para que os maiores poidan permanecer coidados na súa contorna.

Qué servizos presta Coidados porta a porta?

Prestaranse servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria.

Servizo de estimulación da memoria

A alta incidencia de deterioro cognitivo en persoas maiores fai aconsellable a valoración cognitiva e a intervención terapéutica como forma de previr e aminorar o proceso.

  • Estimulación COGNITIVA
  • Estimulación FUNCIONAL
  • Prevención da DEPENDENCIA mediante hábitos de vida saudables
  • Promoción do ENVELLECEMENTO ACTIVO

Servizo de podoloxía

O coidado do pé adquire importancia co paso dos anos. Permite garantir autonomía e previr patoloxías que poidan resultar en complicacións médico-cirúrxicas.

  • CONSULTA BÁSICA de podoloxía
  • Corte e limpeza de UNLLAS
  • Eliminación de DUREZAS, CALOSIDADES e HELOMAS
  • Valoración do ESTADO XERAL DO PÉ

Servizo de audioloxía

O deterioro auditivo pode afectar á integración sensorial e resultar nunha menor socialización. A revisión é importante para a prevención.

  • CONSULTA BÁSICA de audioloxía
  • EXPLORACIÓN funcional da audición
  • PREVENCIÓN da perda auditiva

 

Precisas máis información ou queres solicitar cita previa?

Podes solicitar máis información e detalles deste servizo, así como solicitar cita previa nos seguintes medios de contacto:

Cando e onde disfrutar do servizo Coidados porta a porta?

  • DATAS: 21-22-26-27 DE XULLO
  • HORARIO: 9:00 ÁS 20:00 HORAS
  • LUGAR: ÁREA RECREATIVA O ROUPEIRO
DESCARGAR FOLLETO INFORMATIVO