O Concello de Pereiro de Aguiar comunica que o Ministerio de Sanidade establece novas medidas en relación cos velatorios e cerimonias funebres.
- Os velatorios poderán realizarse en todo tipo de instalacións, públicas ou privadas. Un máximo de 10 persoas en espazos pechados, e 15 ao aire libre.
- A participación na comitiva para o enterramento, un máximo de 15 persoas entre familiares e achegados.
- En todo caso deberán respectarse as medidas de seguridade e hixiene.