Unha vez iniciados os traballos da obra denominada “ITINERARIO PEONIL E CICLISTA NA OU-537, TREITO: PARQUES EMPRESARIAIS (P.Q. 0+000-2+030), E NA OU-536, TREITO: A DERRASA (P.Q. 7+180-7+940)“, no núcleo de A Derrasa, se nos indica por parte do persoal técnico da AXI que, aquelas persoas afectadas deben solicitar o MÁIS URXENTEMENTE posible a preceptiva autorización da Consellería de Infraestruturas e Vivenda para levar a cabo os traballos dos peches das parcelas afectadas así como para os accesos daqueles veciños que estén interesados.
Achégase contacto a modo informativo:
- CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE
- Servizo provincial da AXI en Ourense
- C/Sáens Díez, 1 32003 Ourense
- 988 386 247
- axi.ourense.cim@xunta.gal