- Segundo o previsto no artigo 25.2 do Regulamento de réxime interno das Escolas Infantís xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, a Escola Infantil de Pereiro de Aguiar permanecerá pechada durante o mes de agosto.
- As persoas que desexen presentar a súa solicitude de praza de novo ingreso para a baremación no proceso extraordinario de setembro (artigo 20.3 RRI), poderán facelo a través da Sede electrónica no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/portada?langId=es_ES ou no Rexistro do Concello sito na Praza do Concello n.º 1 , en aplicación do previsto no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.
- O prazo para a súa presentación rematará o 31 de agosto de 2020 (artigo 20.3 RRI).
- Os impresos para a formalización da preinscrición así como a documentación que debe achegarse están dispoñibles nos enderezos:
