Medidas en relación á recadación do Imposto de Actividades Económicas

Medidas en relación á recadación do Imposto de Actividades Económicas

Resolución na Xunta de Goberno Local de data 16/09/2020 do expediente Nº 1201/2020, na que se ESTABLECEN AS SEGUINTES MEDIDAS EN RELACIÓN CO SERVIZO DE RECADACIÓN DO IMPOSTO DE ACTIVIDADES ECONÓMICAS (IAE 2020)

PRIMEIRO.- A oficina de recadación para calquera xestión que os administrados queiran pódense facer telefonicamente, sendo os teléfonos de contacto do Servizo de Recadación os seguintes: 988 22 62 14 – 988 25 93 85
Como consecuencia desta situación especial, establécense as seguintes medidas:

SEGUNDO.- O período de cobro do Imposto Actividades Económicas (IAE) do 2020, queda establecido de pago en voluntaria da seguinte maneira:
PERÍDO DE PAGO DE ACTIVIDADES ECONÓMICAS 2020: dende o 01/10/2020 ata o 02/12/2020.
No caso dos recibos domiciliados serán cargados a partir do 02/11/2020.

TERCEIRO.- No caso de AUTOLIQUIDACIÓNS, os administrados deberán comunicarse telefonicamente coa oficina de Recadación, que lles facilitará o recibo para proceder ao seu pago.

CUARTO.- Os pagos dos tributos e prezos públicos municipais farase mediante transferencia bancaria ou nos caixeiros automáticos das Entidades Colaboradoras (ABANCA). No caso de escoller a transferencia bancaria a oficina de recadación facilitará o IBAN da conta de Recadación onde deben realizar os ingresos.

Descargar Bando