Este Concello súmase xunto con outras entidades da Federación Galega de Municipios e Provincias á conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, renovamos o noso compromiso por acadar unha sociedade libre de todo tipo de violencias, adoptando medidas para previr, detectar e atallar calquera tipo de violencia contra as mulleres e visibilizando esta problemática social que afecta a toda a veciñanza.
Por todo isto, facemos noso o Manifesto da Federación Galega de Municipios e Provincias e sumámonos á loita contra a violencia de xénero.
DESCARGAR MANIFESTO