Co obxectivo de seguir fomentando un uso responsable e respectuoso do medio natural, imos realizar unha xornada de plantación de árbores no Bosque do Colexio Ben-Cho -Shey no Concello de O Pereiro de Aguiar.
Plantaremos principalmente carballos e castiñeiros e será benvido que cada participante traia as súas propias landras.
O rematar a plantación iremos a comer a área recreativa de Loñoá e facer un Magosto todos xuntos.
📌Comida
Cada participante deberá levar a súa comida e bebida, para todo o día; o ser unha xornada máis festiva podemos compartir entre todos e levar algún doce caseiro para deleitar os nosos padais.
Dende o club queremos pedir que non se leven botellas, pratos ou vasos dun só uso, e os animamos a traer cantimploras, tupers ou cubertos de madeira ou metal co fin de reducir os residuos xerados nas nosas actividades.
📌Vestimenta
Roupa cómoda e calzado de montaña. Non esquecer una gorra, protección solar, e roupa de abrigo.
Levar roupa de recambio por si se mollan durante a xornada.
📌Prezo
Número máximo de participantes: 50 persoas.
O custo é de 5€ por persoa para non socios de Asesou e gratuíta para socios do club e membros da escola de escalada.
O custo de 4€ só o terán que facer os adultos e nenos que veñan a actividade e NON teñan licenza federativa de montaña do ano en curso.
Máis información e incripcións: http://bit.ly/2qluy6m