Lembrado as obrigas sobre medidas preventivas contra os incendios forestais

Lembrado as obrigas sobre medidas preventivas contra os incendios forestais

O ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR. FAI SABER:

Que segundo a normativa vixente, tanto ordenanzas municipais como normativa da Xunta de Galicia, É OBRIGA de tódolos cidadáns o MANTER LIMPAS de lixo, entullos e

maleza as parcelas da súa propiedade que se encontren dentro da delimitación de solo de Núcleo Rural ou estean próximas a urbanizacións, edificacións illadas ou instalacións.

Así mesmo, os propietarios dos terreos que se encontren dentro das faixas secundarias de protección, e dicir, faixa perimetral o solo urbano, de núcleo rural e urbanizable delimitado, así como ao redor de edificacións, vivendas illadas e urbanizacións, depósitos de lixo , parques e instalacións industriais, deberán manter as parcelas LIBRE DE MALEZA e RAREAR e PODAR O ARBOLADO, para que estean suficientemente separados entre si, nunha franxa perimetral de 50 metros. Segundo as delimitacións recollidas no PLAN MUNICIPAL DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS. Dito Plan pódese consultar neste enlace

Nesa mesma faixa de protección, non poderá haber especies que favorezan a propagación do lume como PIÑEIROS, EUCALIPTOS, ACACIAS, TOXOS, XESTAS, SILVAS…..

Os danos que se poidan ocasionar nos bens ou propiedades dos lindeiros no caso de verse afectadas por incendios forestais, SERÁ RESPONSABILIDADE DOS PROPIETARIOS DAS PARCELAS QUE NON CUMPLAN A NORMATIVA.

Lémbrase tamén, que a administración pode repercutir os gastos de extinción dun incendio ás persoas responsables de non cumprir coa obriga de limpeza e xestión da biomasa vexetal e polo incumprimento das distancias mínimas, segundo as mencionadas Leis 3/2007, 43/2012 e 7/2012, de prevención de incendios forestais e de montes de Galicia.

Moitas grazas pola súa colaboración.

DESCARGAR AVISO