IV edición do Concurso de Decoración Navideña

IV edición do Concurso de Decoración Navideña

Bases e Solicitude do Concurso de Decoración Navideña

Queremos manter o espírito do Nadal e por iso o Concello do Pereiro de Aguiar, presenta a IV edición do Concurso de Decoración Navideña, enmarcado no proxecto “Nadal no Pereiro. Esta iniciativa vai dirixida a familias e a todos os negocios do municipio.

O obxectivo e intentar que os lugares do Concello se impregnen do espírito de Nadal coa colaboración de todos.

PARTICIPANTES:

Poden participar todos os veciños e veciñas do Concello.

Establécense dúas categorías:

  1. a) Familiar: Nesta categoría poderán participar todas as familias ou persoas individuais, que realicen a decoración nos balcóns, fiestras, fachadas da casa ou xardíns. So se valorarán os exteriores das vivendas.
  2. b) Negocios: Nesta categoría valorarase toda a decoración de Nadal tanto no exterior coma no interior do negocio.

 

3. INSCRICIÓNS:

As persoas interesadas en participar no concurso, deberán formalizar as inscricións desde a data de publicación das presentes bases ata o 15 de decembro e poderán facerse do seguinte xeito:

  • Na Biblioteca Pública, de 9.00 h. a 14.30h, ou de 16.00h. a 20.00 h.
  • No enderezo electrónico: [email protected]. As inscricións deberán ir debidamente cumprimentadas, encontrándose as bases do concurso e os formularios na páxina web do Concello, no Facebook da Omix O Pereiro ou no do Concello do Pereiro de Aguiar.

 

DESCARGAR BASES DESCARGAR SOLICITUDE