Ábrese o prazo de presentación de solicitudes para o acceso á Aula Concilia. Curso 2015/2016.

As solicitudes serán presentadas no Rexistro das Oficinas Municipais.

O prazo de entrega comezará o 31 de agosto e rematará o 8 de setembro.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

  1. Ficha de inscrición debidamente cumprimentada.
  2. Certificado/s de empresa, no/s que figure o horario laboral dos dous proxénitores, e vida laboral (ou xustificante/s de alta no INSS) de ambos.
  • Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cuota da Seguridade Social na que figure como autónomo.
  1. No caso de familias monoparentais: acreditación de familia monoparental/sentencia de separación ou divorcio.
  2. Certificado de empadroamento no concello dalgún dos proxenitores ou do nen@
  3. Fotografía de carné d@ menor ( nen@s de 4º de infantil)

As solicitudes incompletas non serán tidas en conta.

Tfno. de información 988 25 93 85

Pode descargar o impreso a cumprimentar neste enlace.

No Pereiro de Aguiar, 24 de agosto de 2015

O alcalde, Eliseo Fernández Gómez