Estamos encantados e encantadas de poder dicir que hoxe inauguramos un novo servizo para os veciños e veciñas do noso Concello. Trátase do Centro de Información á muller “Padre Feijoo”.
Para que servirá o CIM?
Este novo servizo, concíbese dentro da Concellería de Igualdade, e está pensado para as mulleres e que proporciona asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional e socio-laboral, así como calquera outra información encamiñada a consecución da igualdade efectiva entre mulleres e homes. Atenderá a todas as mulleres que o demanden, de xeito individual ou colectivo, así como a calquera persoa sea home ou muller, en asuntos relacionados coa promoción social da igualdade de xénero.
Prestarase tamén asesoramento, pola igualdade de trato e non disciminación, a lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais e as súas familias achegadas. (LGTBI)
Por que chamalo “Padre Feijoo”?
Benito Jerónimo Feijóo Montenegro, naceu en Casdemiro (O Pereiro e Aguiar), o 8 de outubro de 1676 e morreu en Oviedo o 26 de setembro de 1764.
Filósofo español máis importante do século XVIII, capaz de reflexionar sobre aspectos inamovibles da sociedade do seu tempo.
Entre as súas aportacións fundamentais ó coñecemento e á cultura está a súa obra Teatro Crítico Universal, escrita entre 1726 e 1740, e as Cartas Eruditas y Curiosas, publicadas entre 1742 e 1760.
Considéraselle o introdutor do ensaio na literatura española e entre a variedade de temas que abordou, atópase o papel que a muller desempeñaba na sociedade do seu tempo, cun fito destacado na historia do feminismo, que é o discurso “Defensa de las mujeres”, publicado no tomo I do Teatro crítico, considerado como o primeiro tratado feminista español.
No século XVIII, debido a influencia da modernidade europea comeza a espallarse a crenza de que homes e mulleres teñen as mesmas potencialidades intelectuais pero esta circunstancia circunscríbese aos círculos aristocráticos e digamos que é máis teórica que real. Os valores que se desprenden da súa obra invitan á reflexión, facendo fincapé na igualdade. Entende que se as mulleres non interveñen en determinadas áreas polas dificultades de acceso ó coñecemento, non por falta de capacidades.
Segundo o Padre Feijoo, «as mulleres deben despertar do seu letargo para tomar conciencia da súa situación».
Igualmente, inclúe un recoñecemento expreso ás mulleres ilustradas. Grazas á súa habilidade é ó virtuosismo no manexo do vocabulario, xunto coa capacidade de argumentación, foi capaz de sortear a censura e a Inquisición.
Por esta razón, consideramos oportuno e a modo de recoñecemento denominar o centro de información á muller co seu nome «Padre Feijóo»
Cómo se pode acceder a este novo servizo?
Para acceder aos servicios do Centro de Información á Muller (CIM), deberán solicitar cita previa coa persoa correspondente (psicóloga ou asesora xurídica). POder poñerte en contacto para solicitar a tía cita nos seguintes datos de contacto:
Dirección
- Os Gozos nº24
Horario de atención ao público
- Luns a Venres laborables de 9:00h a 14:00h
Horario de atención psicolóxica e xurídica
- Luns a Venres laborables 10:00h a 12:00h
Teléfono
- 699 583 252
Correo electrónico
- cim@pereiro.gal
Para máis información deixamos no seguinte botón acceso á nova páxina do CIM