? ✨CANTOS E CONTOS DA FORESTA
Galerna Crúa achegouse o venres a Pereiro a facer que tanto nenos como adultos pasasen unha tarde do máis divertido. Suso, o zorro, e a súa inseparable amiga a xoaniña, contáronnos contos de abellóns, pulgóns, formigas, achegáronnos a montaña Laureana en Peña Trevinca onde a galiña Josefa tiña ovos de ouro.
Entre conto e conto, o público asistente foi partícipe da actividade en todo momento a través de moitos xogos, e sobre todo, moitas risas.









