II concurso de debuxos 25N

II concurso de debuxos 25N

O concello do Pereiro de Aguiar, a través do CIM Padre Feijóo, convoca o “II concurso de debuxos 25N” en conmemoración do día internacional contra a violencia de xénero, coa finalidade de previr, concienciar e sensibilizar dende a infancia para rexeitar e poñer fin a toda clase de violencia

  1. Participantes: poderá participar todo o alumnado dos centros escolares e institutos do concello do Pereiro nas seguintes categorías:
    1. Primaria: dende 1º a 6º curso
    2. Secundaria: dende 1º a 4º curso
  2. Formato: autoría orixinal, en formato papel ou cartolina DIN A-4, empregando calquera técnica ou procedemento, indicando na parte traseira nome, apelidos, idade, curso da/o alumna/o, centro escolar ao que pertence e teléfono de contacto.
  3. Premios: os debuxos gañadores servirán para facer os carteis conmemorativos do 25N día internacional contra a violencia de xénero, e repartiranse entre os distintos centros educativos que participen na convocatoria así como ás gañadoras/gañadores de cada categoría
  4. Presentación: a data límite de entrega é o 14 de novembro, de forma presencial nas oficinas do CIM (Centro de Información á muller) do concello do Pereiro, Praza do Concello, nº1, de luns a venres, en horario de 9:00 a 15:00 h.

A participación no concurso supón a aceptación das presentes bases

Para calquera aclaración poderán dirixirse á organización a través do c-e: [email protected] ou teléfonos: 699.583.252 – 988.032.554

DESCARGAR BASES