📅🏃🏽♀️ O vindeiro 18 de abril, as Pistas Josefina Salgado de Monterrei acollerán a celebración do I Trofeo Germán González, organizado con motivo do 35º aniversario da Escola Atlética Ben Cho Shey.
Será unha xornada dedicada ao atletismo e ao deporte base, na que deportistas e afeccionados poderán compartir unha mañá de competición, compañeirismo e deporte.
Desde o Concello do Pereiro de Aguiar animamos a toda a veciñanza a achegarse e gozar dun día especial apoiando o atletismo local.
As marcas conseguidas serán válidas en categoría autonómica e nacional.


