Dentro dos actos conmemorativos do 8M, Día Internacional da Muller, o concello de Pereiro de Aguiar, coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, organizan o sábado 12 de Marzo de 2022 a “I Carreira-Andaina da Muller”, unha novedosa iniciativa coa que se pretende reivindicar e visibilizar a igualdade real entre mulleres e homes, sensibilizando á cidadanía na consecución dun compromiso firme por unha sociedade libre de prexuízos e en igualdade de oportunidades.
Con esta iniciativa, preténdese fomentar a práctica habitual do deporte e hábitos saudables, cunha proba aberta á participación de toda a cidadanía, podendo realizarse tanto correndo como andando, para que tanto a mocidade, veciñanza, como a poboación en xeral únanse a combater as desigualdades sociais e desfruten dunha xornada lúdica, festiva e reivindicativa.