Grupo de xestión emocional a través do mindfulness

Grupo de xestión emocional a través do mindfulness

O CIM do Pereiro de Aguiar vai a poñer en marcha o grupo de xestión emocional a través do mindfulness co que se pretende a mellora na identificación e manexo das propias emocións de forma consciente.

Co grupo preténdese optimizar a posta en marcha de recursos persoais que axuden a contrarrestar o malestar emocional a través da atención plena e a práctica da compaixón, así como a mellorar a xestión do sufrimento.

As sesións grupais comezarán o mércores 23 de novembro, en horario de 11:00 a 12:00, e terán lugar na Aula Multimedia do concello de Pereiro de Aguiar.

As sesión levadas a cabo no grupo son totalmente gratuítas, as cales contan con prazas limitadas que serán adxudicadas por rigoroso orde de inscrición.

As interesadas poderanse inscribir nas oficinas do CIM sitas no concello de Pereiro de Aguiar, chamando os teléfonos 699.583.252/988.032.554 ou a través co correo electrónico: cim@pereiro.gal, indicando: nome, apelidos e teléfono de contacto.