Gañador do concurso da creación do logotipo para a Biblioteca Municipal

📚 👏🏼Parabéns ao gañador do Concurso de Creación do Logotipo da Biblioteca Municipal do Pereiro de Aguiar!

Dende o Concello do Pereiro de Aguiar queremos felicitar publicamente ao gañador polo seu traballo creativo e inspirador. Resultou seleccionado como o novo logotipo oficial da nosa Biblioteca Municipal mantendo a identidade do Concello utilizando os trazos e as cores reflexados no emblemático edificio da biblioteca.

Grazas a todas as persoas participantes polo seu talento e implicación.

Logo gañador deseñado por D.F.B