Desde a Área de Cultura do Concello do Pereiro de Aguiar, queremos agradecer a asistencia de todas as persoas que se achegaron á Festa Etnográfica este domingo. Como non, agradecer a todos os artesáns, á Charanga a Felga, o Grupo de gaiteiros do Irixo, e o Grupo de Música e Danza Tradicional Castrofloxo. Non podemos esquecernos de todos os veciños que se implicaron con nós na preparación do evento.