Foodtruck Galicia sabe Amar

Foodtruck de Galicia sabe amar 2025 no Pereiro de Aguiar

GALICIA SABE AMAR é unha campaña da Xunta de Galicia que nace no verán de 2021 para animar á cidadanía a través da retranca galega e os dobres sentidos a consumir a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo.

Neste 2025 a iniciativa volve á estrada de novo a través de catro foodtrucks que levarán o sabor das nosas rías a toda Galicia. En cada parada no camiño, os visitantes poderán degustar algún dos petiscos pensados para a campaña e realizados a base de produtos certificados do mar e da terra.

O venres 28 de febreiro,  unha das foodtrucks estarán no concello de PEREIRO DE AGUIAR no seguinte emprazamento: Enfronte ao Centro de Saúde de 9:30 a 17.30 horas. Sendo unha axenda aberta, podería ser susceptible de algún cambio, polo que lle informaríamos do mesmo no seu caso.