Estrea do documental “O Pereiro de Aguiar, conquista empresarial”

Estrea do documental “O Pereiro de Aguiar, conquista empresarial”

O concello do Pereiro de Aguiar pon en valor o tecido empresarial e a oferta turística do municipio a través dun documental

A presentación terá lugar no Centro de Día dos Gozos, o venres 1 de outubro ás 20:30 horas.

Intervirán na presentación o alcalde de O Pereiro de Aguiar, Luis Menor, e o Director da produtora Xurdir, Ignacio Seijo.

O Concello de O Pereiro de Aguiar estreará o venres 1 de outubro no Centro de Día dos Gozos o documental “O Pereiro de Aguiar, conquista empresarial”. Unha peza audiovisual na que o Concello leva tempo traballando en colaboración coa produtora audiovisual Xurdir e a participación de diversas empresas do municipio

O documental en formato cine pon en valor a actividade económica neste Concello. Nel refléxase o traballo e a riqueza que xeran neste momento o tecido empresarial deste concello, a través dunha antoloxía de 16 proxectos empresariais de diversos sectores. Nel vamos a visibilizar o esforzo, o traballo e a ilusión que os empresarios e empresarias desta terra, adican no seu día a día.

XURDIR realizou proxectos similares noutros 21 concellos de Galicia, nestes últimos catro anos de percorrido continuo con esta novidosa idea audiovisual.

Na noite da estrea e inmediatamente despois de rematar a proxección do Documental, estará dispoñible un enlace para poder reproducilo a través das plataformas on-line.