Aberto o prazo do 17 de marzo ó 7 de abril, para as persoas que queiran solicitar praza na Escola Infantil para o curso 2026 – 2027.
Os impresos de preinscrición, así como a documentación que debe achegarse están dispoñibles na Escola e na páxina web de: politicasocial.xunta.gal ou igualdadebenestar.org
· Para a presentación das solicitudes e a documentación, as familias poderán empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365
· Solicitar cita para entregar a documentación na escola no tfno: 988380258 de 9h a 16.00h .

