Escola infantil – Preinscrición curso 2023 – 2024

Escola infantil – Preinscrición curso 2023 – 2024

Aberto o prazo ata o 5 de abril, para as persoas que queiran solicitar praza na Escola Infantil para o curso 2023 – 2024.

Os impresos de preinscrición, así como a documentación que debe achegarse están dispoñibles na Escola e na páxina web do Consorcio: https://politicasocial.xunta.gal ou www.igualdadebenestar.org

Para a presentación das solicitudes e a documentación, as familias poderán empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365)

Solicitar cita para entregar a documentación na escola no tfno: 988380258 de 9h a 16.00h.