En cumprimento do Plan galego de estatística 2022-2026 (Lei 16/2021, do 20 de decembro, DOG nº249 do 29 de decembro de 2021):
Ponse en coñecemento de todos os veciños e veciñas que o Instituto Galego de Estatística está a realizar a “ENQUISA ESTRUTURAL A FOGARES”, investigación de carácter oficial destinada a reflectir as condicións de vida das familias do municipio, en relación co seu nivel de estudos, ingresos e gastos do fogar e dos seus familiares.
As vivendas seleccionadas serán visitadas entre o 3 de xuño e o 23 de xuño por persoal enquisador debidamente acreditado. É obrigatorio facilitar os datos, e a información é estritamente confidencial e protexida polo segrego estatístico.
Solicitamos a súa colaboración nesta enquisa.