Doazón de Sangue o dia 17

Doazón de Sangue o dia 17

DOAZÓN DE SANGUE EN PEREIRO AGUIAR O 17 DE MARZO

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e distribución.
Na seguinte ligazón atopará información sobre a doazón de sangue e os requisitos de saúde para participar: ados.sergas.es
Cada día os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue para manter a súa actividade, e a colaboración da cidadanía é fundamental.