Despois de levar xa impartidos no concello 7 cursos básicos de “Aplicador e manipulador de produtos fitosanitarios”, e debido ao interese amosado, ábrese un novo prazo de solicitude para todas aquelas persoas que no posúan o carné:
- Curso de nivel básico (25 horas)
- Cursos de nivel cualificado-profesional:
– Curso ponte (35 horas) para as persoas que xa realizaran o curso básico.
– Curso cualificado (60 horas) para os que non realizaran o curso básico.