CURSO DE INICIACIÓN DE RECUPERACIÓN DE MOBLES

No mes de xuño no Local Social do Pereiro de Aguiar (antiga casa do médico), impartirase un curso de recuperación de mobles. O obxectivo do curso e coñecer técnicas tanto para recuperar mobles como coñecer diferentes técnicas que nos permitan darlle un novo aire.

O curso será os luns e mércores do mes de xuño de 17.00h. a 19.00 h.

  • O curso é gratuíto e o material correrá a cargo dos participantes.
  • Para poder participar é necesario estar empadroado no Concello.

Se estás interesado en asistir pódeste anotar:

  • na Biblioteca
  • no teléfono 988259839
  • no enderezo electrónico cultura@concellopereiro.com