Convocatoria de probas CELGA niveis 2, 3 e 4

Convocatoria de probas CELGA niveis 2, 3 e 4

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2021

 

A Consellería de cultura, educación e universidade convocou as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 2, 3 e 4 no ano 2021 para persoas maiores de dezaseis anos.

As probas terán lugar nos meses de novembro e/ou decembro de 2021. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).

O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será do 14 de setembro ao 4 de outubro de 2021.

Dende o concello impartiranse clases gratuítas de apoio para a preparación das probas.

  • Para máis información : 988 31 59 05 (Educación)