Convocatoria das probas celga 1, 2, 3, e 4

Convocatoria das probas celga 1, 2, 3, e 4

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca as probas para a obtención dos certificados de coñecemento da lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

As probas dos distintos niveis Celga terán lugar en maio/xuño 2023. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Prazo de presentación de solicitudes:

do 7 ao 27 de marzo de 2023.

O Concello do Pereiro de Aguiar ten previsto iniciar un curso de apoio para a preparación das mesmas.

Información: Departamento de Educación, Tfno.: 622202697 ou 988259385.