Consumo responsable en Nadal, SOGAMA

Consumo responsable en Nadal, SOGAMA

Decálogo sobre consumo responsable en Nadal no que o cidadán poderá atopar consellos de interese para disfrutar destas Festas dunha forma sostible, mantendo comportamentos respectuosos co medio ambiente, reducindo o impacto sobre o seu peto e velando igualmente  pola solidariedade e os beneficios sociais.

Consumir de forma responsable implica a elección de produtos e servizos, non só en base á súa calidade e prezo, senón tamén polo seu impacto medioambiental e social, tendo en conta igualmente o comportamento e a responsabilidade social corporativa das empresas que os fabrican.
Trátase de consumir con prudencia, mesura, racionalidade e obxectividade, satisfacendo necesidades reais, pero nun marco global de xustiza, respecto, proporcionalidade e solidariedade.

O Nadal, que goza dun gran arraigo no noso currículo vítae, asociouse desde sempre a condutas un tanto desmedidas e descontroladas en relación á adquisición de bens e ao goce de prestacións que acaban tendo un gran impacto económico, ademais de serias consecuencias no ámbito social e medioambiental.

Pero o goce san e saudable non debe estar rifado coa protección da contorna nin tampouco co noso peto. Sinxelos xestos e condutas poden axudarnos a celebrar estas festas dunha forma equilibrada e, o que é máis importante, dunha forma sostible. Toma nota.

Decálogo Consumo Responsable, SOGAMA