Concurso Tarxetas de Nadal Terras de Aguiar 2021

Concurso Tarxetas de Nadal Terras de Aguiar 2021

1. Ámbito do concurso:

  • Poden participar no mesmo todas as persoas interesadas.

2.Categorías:

  • Menores de 4 anos
  • De 5 a 7 anos
  • De 8 a 10 anos
  • De 11 a 15 anos
  • De 16 a 60 anos
  • Maiores de 60 anos

3.Requisitos para participar:

  • As obras deberán ser inéditas.
  • Cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras.
  • Os traballos presentaranse baixo lema ou pseudónimo, que aparecerá na parte traseira da postal; os que non se presenten así non serán admitidos. As tarxetas presentaranse nun sobre pechado coa categoría escrita por fóra; dentro dese mesmo sobre debemos engadir outro que inclúa o pseudónimo e os datos persoais e teléfono de contacto, ou ben o colexio ao que pertence.
  • O material a empregar é libre.
  • De levar texto, acéptase nas dúas linguas oficiais.

4.Lugar de presentación:

Biblioteca Municipal.

5. Prazo de admisión:

Ata o 10 de decembro de 2021.

O fallo do xurado será o día 15 de decembro, e publicarase na páxina web do concello. Aos gañadores comunicaráselle tamén vía telefónica.

6. Premios:

Categoría menores de 4 anos, categoría de 5 a 7 anos e categoría
de 8 a 10 anos:

  • Primeiro premio: Material escolar + lote de libros
  • Segundo premio: Material escolar + lote de libros
  • Terceiro premio: Material escolar + lote de libros

Categoría de 11 a 15 anos

  • Primeiro premio: Vale de 60 euros
  • Segundo premio Vale de 40 euros
  • Terceiro premio: Material escolar e lote de libros.

Categoría de 16 a 60 anos

  • Primeiro premio: 100 €
  • Segundo premio: 75€
  • Terceiro premio: 50€

Categoría de maiores de 60 anos

  • Primeiro premio: 100 €
  • Segundo premio: 75€
  • Terceiro premio: 50€

7. Premio especial: dotado de 150 € á tarxeta máis significativa de entre todas os traballos presentados. Esta tarxeta empregarase ademais como saúdo institucional do Nadal.

8. Entrega de premios: a data de entrega dos premios comunicarase vía telefónica aos interesados e publicarase na web do Concello.

Ou na Biblioteca Municipal nos teléfonos 988 259 839 e 685 528 538
[email protected]

DESCARGAR BASES