CONCURSO “TARXETAS DE NADAL TERRAS DE AGUIAR”

CONCURSO “TARXETAS DE NADAL TERRAS DE AGUIAR”
  • O ámbito do concurso é local, podendo participar no mesmo todos os veciños e veciñas que así o desexen.
  • Categorías que se establecen:

Menores de 4 anos
De 5 a 7 anos
De 8 a 10 anos
De 11 a 15 anos
Maiores de 16 anos

  • Requisitos para participar:

As obras deberán ser inéditas.
Cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras.
Os traballos presentaranse baixo lema ou pseudónimo, os que non se presenten así non serán admitidos.
O material a empregar é libre.
De levar texto, acéptase nas dúas linguas oficiais.

  • O lugar de presentación será a Biblioteca Municipal. As obras entregaranse en sobre pechado indicando a categoría á que pertence e o lema ou pseudónimo baixo o cal a presenta, e dentro outro sobre pechado cos datos do autor ou autora da mesma (nome, apelidos, teléfono de contacto, ou colexio ao que pertence).
  • O prazo de admisión Ata o 30 de novembro ás 14:00 h.
  • O proceso.  Este ano,  como NOVIDADE , o xurado seleccionará 20 obras de cada categoría para que sexan votadas a través da páxina web do concello (www.concellopereiro.com).  A elección das postais finalistas será o día 5 de decembro. A votación na páxina web habilitarase do 8 ao 20 de decembro, ámbolos dous incluídos. De non chegar a postal máis votada a  un mínimo de 35  votos, será o xurado o que determine o resultado do concurso.

O día 21 publicaranse os gañadores na web e no facebook do Concello.

  • O xurado: Estará formado por persoas vinculadas ao concello e á cultura. Os criterios sobre as que se determinarán as decisións do xurado serán establecidos no momento de valoración das obras, tendo en conta, sobre todo, a creatividade e a orixinalidade dos traballos presentados.

Premios:

Categoría menores de 4 anos, categoría de 5 a 7 anos e categoría de 8 a 10 anos:

  • Primeiro premio: Material escolar + lote de libros
  • Segundo premio: Material escolar + lote de libros
  • Terceiro premio: Material escolar + lote de libros

Categoría de 11 a 15 anos

  • Primeiro premio: Vale de 60 euros
  • Segundo premio Vale de 40 euros
  • Terceiro premio: Estoxo de pinturas

Categoría mais de 16 anos

  • Primeiro premio: 100 €
  • Segundo premio: 75€
  • Terceiro premio: 50€

Premio especial:  O xurado concederá un premio especial á tarxeta máis significativa, de entre as tarxetas presentadas. Este premio consistirá na impresión da tarxeta e o seu reparto a todos os veciños e veciñas do municipio co saúdo de Nadal do alcalde e da corporación e 100 €.

Entrega de premios: Os premios entregaranse o día 5 de xaneiro ás 18.00 h. no Salón de actos do concello, coincidindo coa festa de Reis.