🌻🪴🌼 O Concello do Pereiro quere agradecer a todas as persoas que participaron no Concurso Floral celebrado en Boeiros, unha xornada chea de creatividade, colaboración e espírito comunitario.
A actividade, que contou coa participación de case todos os veciños, converteuse nun auténtico festival de cor e natureza, enchendo as rúas de flores, sorrisos e moita ilusión.






















