O concello do Pereiro de Aguiar, a través do CIM Padre Feijóo, convoca o “III concurso de debuxos-vídeos 25N” para conmemorar o día internacional contra a violencia de xénero.
Obxectivo
Previr, concienciar e sensibilizar da existencia desta lacra social e manifestar de forma activa e interxeneracional a repulsa contra toda manifestación de violencia de xénero.
Modalidades (dúas opcións)
- Modalidade 1ª: expresar a través dun debuxo, viñeta ou slogan a repulsa contra todo tipo de manifestación de violencia de xénero. Esta modalidade só está prevista para o alumnado dos centros escolares do Pereiro
- Modalidade 2ª: vídeo curto dunha duración de entre 1 e 3 minutos máximo para difusión nas redes sociais manifestando a repulsa contra todo tipo de manifestación de violencia de xénero.
Partícipes
- Alumnado dos centros escolares e institutos do concello do Pereiro nas seguintes categorías:
- Primaria: dende 1º a 6º curso
- Secundaria: dende 1º a 4º curso
- Escolas deportivas do municipio do Pereiro
- Centro de maiores dos Gozos
- Aula Concilia
- Asociación de Mulleres Rurais do Pereiro
A participación neste concurso supón a aceptación plena das presentes bases.
Consultar as características e forma de participación e envío dos debuxos e vídeos nas bases do concurso.
Prazo e lugar de entrega dos debuxos e vídeos
O prazo para participar comeza o 30/10/23 e remata o día 15 de novembro para a entrega de debuxos de forma presencial nas oficinas do CIM; e o día 14 de novembro para enviar os vídeos a través do c-e: asesoriaxuridica.cim@pereiro.gal
Máis información:
Para calquera aclaración poderán dirixirse á organización a través do email: asesoriaxuridica.cim@pereiro.gal ou teléfonos: 699 583 252 – 988 032 554
Descargar Bases