Concurso Decoración Navideña

BASES DO CONCURSO DE DECORACIÓN NAVIDEÑA “NADAL NO PEREIRO”

DESCARGAR RESOLUCION

DESCARGAR RESOLUCION

1. Obxecto:

Queremos manter o espírito do Nadal e por iso o Concello do Pereiro de Aguiar, presenta a II edición do Concurso de Decoración, iniciativa enmarcada no proxecto “Nadal no Pereiro” .Esta iniciativa vai dirixida a familias e a todos os negocios do municipio.

O obxectivo e intentar que os lugares do municipio se impregnen do espírito de Nadal coa colaboración de todos.

2. Participantes:

Poden participar todos os veciños e veciñas do Concello, previa inscrición na biblioteca Pública. A decoración terá que ter relación cos datas de Nadal, e os participantes terán plena liberdade en canto a técnica e o estilo a empregar.

Establécense dúas categorías:

a) Familiar:

Nesta categoría poderán participar todas as familias ou persoas individuais, que realicen a decoración nos balcóns, fiestras, fachadas da casa ou xardíns. So se valorarán
os exteriores das vivendas.

b) Negocios:

Nesta categoría valorarase toda a decoración de Nadal tanto no exterior coma no interior do negocio.

3. Materiais empregados.

Para a decoración das vivendas ou negocios, poderase empregar todo tipo de materiais que consideren oportunos, materiais naturais e elementos de decoración lumínicos.

4. Inscricións:

As persoas interesadas en participar no concurso, deberán formalizar as inscricións desde o 4 ao 13 de decembro, ámbolos dous incluídos, e poderán facerse do seguinte
xeito:

Na Biblioteca Pública, de 9.00 h. a 14.30h, ou de 16.00h. a 20.00 h.

No enderezo electrónico: cultura@concellopereiro.com. As inscricións deberán ir debidamente cumprimentadas, encontrándose as bases do concurso e os
formularios na páxina web do Concello, no facebook da OMIX O PEREIRO ou no do CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR.

5. Condicións de participación.

Os elementos decorativos deberán colocarse entre o 20 de decembro e o 7 de xaneiro.

6. Xurado.

O xurado estará formado por membros da Comisión de Valoración e a concelleira de Área de Benestar Social, Festexos, Ocio e Tempo Libre.
O xurado, previa comunicación do día aos participantes, visitará as vivendas nas datas de Nadal, e emitirá o fallo o día 30 de decembro.

7. Valoración.

Para a valoración dos elementos decorativos de Nadal, o xurado terá en conta os seguintes criterios:

  • a) Deseño.
  • b) Orixinalidade.
  • c) Utilización de recursos reciclados ou da natureza.
  • d) Iluminación.

Cada membro do xurado puntuará a decoración de 1 a 5 puntos. A suma de todos os puntos recibidos polos membros do xurado, dará lugar aos gañadores do concurso. O
fallo do xurado será inapelable, podendo declarar o premio deserto. Os participantes comprométense a aceptar a decisión do xurado.

8. Premios.

Categoría familiar:

  • 1º premio: Cesta de produtos dos comercios do Concello, valorada en 100 €
  • 2º premio: Cesta de produtos dos comercios do Concello, valorada en 70€.

Categoría de negocios:

  • 1º Premio: Cesta de produtos dos comercios do Concello, valorada en 100€.
  • 2ºpremio: Cesta de produtos dos comercios do Concello, valorada en 70€.

 

9. Entrega de premios.

ESTE ANO, E CON MOTIVO DO COVID 19, NON SE FARÁ ENTREGA DE PREMIOS, CADA PERSOA DEBERÁ VIR A RECOLLELO Á BIBLIOTECA PÚBLICA NA DATA E HORA QUE SE LLE ASIGNE.