Concurso Decoración de Nadal

Concurso Decoración de Nadal

Participa no Concurso de Decoración de Nadal en vivendas e negocios.
Podedes apuntarte do 4 ao 13 de decembro!! Anótate na Biblioteca do Concello, chamando ao teléfono 988 259 839 ou enviando un correo electrónico adxuntando a folla de inscripción cuberta ao seguinte correo: [email protected], é importante que no asunto do email indiques o teu desexo de participar no concurso (exemplo: “Concurso Decoración de Nadal 2019 – Inscripción”).

A decoración terá que ter relación cos datas de Nadal, e os participantes terán plena liberdade en canto a técnica e o estilo a empregar.
Establécense dúas categorías:

  • a) Familiar (Decoración nos balcóns, fiestras, fachadas da casa ou xardíns. So se valorarán os exteriores das vivendas. )
  • b} Negocios (Nesta categoría valorarase toda a decoración de Nadal tanto no exterior coma no interior do negocio.)

Apúntate para poder participar, visitaremos o lugar da decoración de todos os que vos apuntedes para valorar as decoracións de Nadal.

DESCARGAR FOLLA DE INSCRIPCIÓN DESCARGAR BASES DO CONCURSO