Concurso de deseño de Marcapáxinas

Concurso de deseño de Marcapáxinas

II CONCURSO DE MARCAPÁXINAS


O Concello do Pereiro de Aguiar, a través da Área de Cultura e da Biblioteca Municipal
convoca o “II CONCURSO DE MARCAPÁXINAS”, para conmemorar o Día do Libro o próximo 23 de abril.


1.
Participantes:

Nenos e nenas de entre 3 e 15 anos. Estableceránse tres categorías:

  1. De 3 a 6 anos.
  2. De 7 a 10 anos.
  3. De 11 a 15 anos.

A participación no concurso implica a aceptación das bases.


2.
Formato:

O marcapáxinas a presentar deberá ter unhas medidas de 5x20cm e o deseño realizarase por unha das caras. Pola parte traseira, levará o pseudónimo que identifique o traballo e a idade.


3.
Presentación:

Os traballos presentaranse de xeito presencial na Biblioteca, de luns a venres de 10.00h. a 14.00 h. ou de 16.00 a 20.00 h.

DESCARGAR AS BASES DO CONCURSO