Por primeiro ano, o Concello do Pereiro de Aguiar, presenta o concurso de adornos de Nadal, iniciativa enmarcada no proxecto “Nadal no Pereiro”.
Na Praza do Concello adornarase unha árbore, onde os participantes colgarán o seu adorno.
Poden participar todos os veciños e veciñas do Concello, de calquera idade.
Os adornos terán relación cos datas de Nadal, e os participantes terán plena liberdade en canto a técnica e o estilo a empregar.
Estableceranse as seguintes categorías:
- Infantil, para nenos e nenas de entre 1 e 16 anos
- Adultos, a partir de 16 anos.
Cada participante pode presentar dous adornos que deben ser de elaboración propia, é dicir, non poden mercarse como tal. Os materiais a empregar son libres.
As inscricións están abertas do 16 ao 23 de decembro, ámbolos incluídos. É imprescindible inscribirse na actividade para poder participar, e pódese facer do seguinte xeito:
- Na Biblioteca, onde se lle fará unha fotografía e tomarán os datos do autor.
- Ou no enderezo electrónico cultura@concellopereiro.com, xuntando fotografía do adorno , datos persoais e teléfono de contacto.
Premios:
- Infantil: Lote de libros.
- Adultos: Lote de libros.