Concurso de adornos 2023

Concurso de adornos 2023

Os adornos que se presenten decorarán a árbore da Biblioteca Municipal!

O Concello do Pereiro de Aguiar presenta a V edición do Concurso de adornos de Nadal, iniciativa enmarcada no proxecto Nadal no Pereiro. Os adornos que se presenten deben ter un tamaño axeitado para decorar a árbore de Nadal que se colocará na da Biblioteca

PARTICIPANTES:

Poden participar todos os veciños e veciñas do Concello, de calquera idade.

Establécense dúas categorías:

  • Categoría infantil, nenos e nenas de entre 1 e 16 anos.
  • Categoría de adultos, a partir de 17 anos.

VALORACIÓN:

A partir do 11 de decembro, os participantes poderán levar o seu adorno á Biblioteca Municipal, onde se identificarán oportunamente. O horario de entrega será de 10.00 a 14.30h. e de 15.30h. a 19.15 h.

A data límite para participar e colocar o adorno será o 28 de decembro.

Descargar Bases