CONCURSO DE DEBUXOS 25N Día Internacional violencia xénero
- Participación: os/as partícipes deberán identificar mediante un debuxo un dos tipos de violencia contra a muller que identifiquen/coñezan, visibilizando ou amosando unha forma de atallado, podendo escribir un lema sobre cómo abordar/previr unha situación de violencia, facer unha viñeta representativa ou debuxar unha escea
- Prazo participación: do 25 de outubro ao 12 de novembro, os debuxos/cómics enviaranse ao correo-e do CIM: cim@pereiro.gal. Na presentación dos debuxos farase constar en concepto de asunto: “Concurso de Debuxo 25N”, indicando: nome, apelidos, idade, domicilio, teléfono e enderezo electrónico de cada partícipe. Os debuxos poderán presentarse tamén de xeito presencial nas oficinas do Centro de Información á Muller CIM Padre Feijóo sitas no edificio do Concello do Pereiro
- Obxectivo: coñecer as principais violencias machistas que afectan á xuventude do Pereiro segundo a sua visión, qué identifican como violencia?, cómo previr a violencia?
- Partícipes: dúas categorías:
- Nenos/as de 6 a 11 anos (ambos incluídos)
- Mocidade de 12 a 17 anos (ambos incluídos)
- Selección das/dos gañadoras/es: as/os gañadoras/es serán elixidos polo tribunal composto por persoal do concello
- O debuxo gañador de cada categoría (un debuxo gañador por categoría) servirá para facer os carteis da conmemoración do 25N día internacional da violencia de xénero no Pereiro
- Premios: 100€ a cada debuxo gañador (un gañador por categoría)
- Cerimonia de entrega de premios: as/os gañadoras/es serán recibidos nun acto polo Alcalde e concelleiras de Igualdade
- Dereitos de propiedad: Cada partícipe cede tódolos dereitos en relación co traballo realizado e presentado ao Concello do Pereiro de Aguiar, así como dereitos de manipulación, edición, exposición e reproducción dos debuxos.
- Selección das/dos gañadoras/es: o fallo emitirase o día 15 de novembro, e comunicaranse o resultado ás/aos gañadores mediante vía telefónica e a través da web e redes sociais oficiais do Concello.