José Rubio Jiménez é un guitarrista español. Actualmente traballa tanto en solitario como co seu proxecto Jose Rubio’s Nova Era e ademais é a segunda guitarra da banda española José Andrëa e Uróboros. Foi membro da banda de Power metal española WarCry e da banda Dünedain, así como fundador de Dogma e da banda cordobesa Trilogy coa que gravou todas as súas demos e un disco, realizando unha xira que os levou por distintos lugares do país.
O Concerto será o día 18 de Xullo na Praza do Concello ás 22:00.
Tomaránse medidas preventivas polo COVID-19:
- Aforo Limitado
- Uso obrigado de mascarillas e xel hidroalcólico
- Os asistentes deberán permanecer sentados nos asentos dispostos pola organización