Clases gratuítas preparatorias exames Celga

O pasado 7 de marzo a Secretaría Xeral da Lingua, convocou as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, para o ano 2025.

O prazo de presentación de solicitudes vai do 10 ao 28 de marzo.

O Concello do Pereiro de Aguiar ofrece clases gratuítas para as persoas empadroadas que desexen preparar as probas (que terán lugar a segunda quincena de maio).

Teléfonos de información: 622202697 – 988259385 (Dep. Educación)