Cada día os nosos maiores sofren mais timos telefónicos, roubos en vivendas…, polo que desde a Guardia Civil implementouse o “PLAN MAYOR SEGURIDAD” .
O obxectivo principal é dar unha serie de consellos prácticos aos nosos maiores que permitan mellorar o seu benestar.
No Pereiro de Aguiar levaranse a cabo nos obradoiros de memoria, pero está aberta a todos os interesados no tema.
- 27 de marzo: Local social de Calvelle, ás 15.45h.
- 10 de abril: Local Social de Tibiás, ás 19:15h.
- 18 de abril: Local Social de Loñoá, as 17.30h.