Charla en conmemoración do Día mundial dos dereitos das persoas consumidoras.

Charla en conmemoración do Día mundial dos dereitos das persoas consumidoras.

Día mundial dos dereitos das persoas consumidoras.

A Xunta, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, convídavos este 15 de marzo aos VENRES DE CONSUMO RESPONDE con motivo da conmemoración do Día mundial dos dereitos das persoas consumidoras.
 Polo que este venres 15 de marzo ás 12.30 horas celebraremos a través da aula virtual de consumo unha charla aberta sobre os nosos dereitos como persoas consumidoras relacionados co CONSUMO RESPONSABLE.
Faremos unha pequena exposición sobre os dereitos que temos e responderemos a todas as dúbidas que teñades en materia de consumo.
Toda aquela persoa, centro ou entidade que desexe participar unicamente ten que comunicalo a este correo electrónico e acceder este venres ás 12.30 na nosa web.

Cómo participar?

  1. Entra na web do IGCC: https://consumo.xunta.gal/gl
  2. Pincha na foto que ves na páxina principal á esquerda que pon VENRES DE CONSUMO
  3. Verás que estás na aula de VIDEOCONFERENCIA, despois prema na ligazón para acceder á mesma. OLLO! Se non ten Webex instalado, prema en “Únase desde el navegador”
  4. UNIRSE Á REUNIÓN

Vémonos!